CREER Santa Maria del Campo (MUROS)

Antiga Colexiata de Muros. Actual igrexa parroquial de Muros. Da construcción orixinal do s. XIII, destaca a portada románica. O interior amosa un exemplo do gótico mariñeiro, cunha nave formada por amplos arcos apuntados que lle dan aspecto de barco invertido.

A conversión en Colexiata, tralo privilexio concedido á vila no 1500 por bula do Papa Alexandre VI, impulsa sucesivas obras de mellora, como a apertura de capelas laterais, o baptisterio e o campanairo, erixido este polo Gremio de Mareantes, un dos prinicpais benfeitores do templo. En 1842 perde a condición de colexiata no medio dos conflitos políticos de século XIX.

No seu interior, destaca a pía da auga bendita, que acolle a talla dunha serpe mergullada na auga, simbolizando o triunfo sobre o pecado.

El tiempo en Muros
Domingo 14°
10°
Lunes 12°
Martes 13°
Miércoles 12°
10°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com