CREER_NOIA_IGLESIA_SAN_MARTIÑO_349A2423

Dise, con razón, que na visita a Noia hai dúas igrexas imprescindibles. De Santa María a Nova xa falamos no Top 10 polo seu museo de “laudas gremiais”; da de San Martiño farémolo agora.

Trátase dunha igrexa-fortaleza do século XV cun extraordinario rosetón, un tímpano que compite en beleza co do Pórtico da Gloria de Santiago, unha sorprendente virxe embarazada e unhas ameazadoras gárgolas que xa nos deberían preparar para escoitar mitos e lendas.

O grande aspecto chocante é a ausencia dunha torre: un castigo tras tempos de malas relacións co Arcebispado de Santiago, quen quixo así evitar que San Martiño rivalizase, unha vez máis, coa catedral compostelá. Quen ousase construír esa segunda torre recibiría unha maldición. Nesa mesma liña temos que destacar a desafortunada morte do director de cine Claudio Guerín mentres rodaba alí a súa película “La campana del infierno”. Un sinal no chan marca a zona da súa caída. Un sinal que é tamén unha advertencia: hai forzas ás que é mellor non enfrontarse.

Repostos do susto, que non é tal, recomendamos continuar o paseo polos arredores desta xoia gozando do encanto e vitalidade da histórica Noia.

El tiempo en Noia
Sábado 20°
15°
Domingo 19°
15°
Lunes 19°
15°
Martes 21°
15°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com