Cristo de la Agonía

Trátase dunha representación barroca que reflicte con extraordinario dramatismo a expresión de sufrimento de Cristo. Está situada no altar das Dores da Igrexa de San Pedro, construída nos séculos XV-XVI sobre uns restos románicos e que, dedicada a Santa María, tivo categoría de Colexiata ata o século XIX.

A impresionante imaxe, que foi encargada polo gremio de mareantes de Muros, é a máis venerada na vila; sae en procesión nas celebracións da Semana Santa, xa que o Cristo, articulado nos ombreiros, é baixado da cruz ano tras ano no “Sermón do Desencravo”.

A urna que porta a imaxe na procesión do Santo Enterro do Venres Santo atópase na exposición permanente desta igrexa.

El tiempo en Muros
Domingo 14°
10°
Lunes 12°
Martes 13°
Miércoles 12°
10°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com