Convento San Francisco

Tamén coñecido como San Francisco de Rial, esta igrexa de estilo gótico está situada nun pequeno val en Louro (Muros). Rodeado dun recio muro, esta obra ten a súa orixe no século XIII e é un dos monumentos mellor conservados de todo o municipio. Nos seus inicios (1223) foi un crematorio que incluía unha capela románica dedicada a Santa Mónica. Non foi ata 1432 cando pasou a converterse nun convento. Actualmente segue pertencendo á congregación franciscana e está dedicado á hospedaxe, complementándose no mesmo recinto cun cámping de primeira categoría.

Da mesma porta do convento sae un magnífico viacrucis con catorce capelas de granito que conteñen unha imaxe de Cristo co número da estación e a cruz do Santo Sepulcro. As capelas ascenden pola ladeira do monte Oroso, proporcionando a cada paso unha visión cada vez máis ampla e fermosa do veciño Monte Louro.

El tiempo en Muros
Domingo 14°
10°
Lunes 12°
Martes 13°
Miércoles 12°
10°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com