Contacontos en Muros

Desde A Ría da Estrela adiantámosvos que para a próxima semana, o venres 26, o servizo de Normalización Lingüística de Muros organiza unhas actividades de contacontos con motivo do día de Rosalía de Castro.
Contos, historias e poemas da man de Marisa Irimia. Ilustradora de numerosos libros e extraordinaria contacontos que dedica unha parte importante do seu tempo a proxectos didácticos e de fomento da lectura.
A cita é ás 6 e cuarto da tarde na Biblioteca de Muros.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com