Coñecer A Ría da Estrela

Xa celebramos tres sesións informativas, en Muros, Esteiro e Portosín, en colaboración coa Asociación Turístico Comarcal Ría Muros Noia. Pretendemos así chegar ao maior número posible de responsables de aloxamentos, de negocios de hostalería e de empresas relacionadas co turismo. “A Ría dá Estrela” é un gran proxecto, sumando esforzos farémolo aínda mellor.

Con estas reunións temos a oportunidade de:

*Presentar a imaxe de marca do noso Xeodestino “A Ría da Estrela”.
*Presentar a Asociación Turístico Comarcal Ría Muros Noia
*Coñecer a estratexia de futuro para o sector e para O Camiño.

Presentación hosteleros Muros Conocer A Ría da Estrela

REUNIÓN EN MUROS

Mostrámosvos algunha fotografía destas reunións e aproveitamos a ocasión para agradecer de novo a participación dos asistentes, e a magnífica acollida ao noso proxecto. Sen esquecernos por suposto, de agradecer a amabilidade do persoal do Restaurante O Castelo (Muros), Restaurante Plácido (Esteiro) e Club Náutico de Portosín, lugares nos que celebramos as reunións.

 

Presentación hosteleros Esteiro Conocer A Ría da Estrela

REUNIÓN EN ESTEIRO

 

Presentación en Portosín Conocer A Ría da Estrela

REUNIÓN EN PORTOSÍN

 

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com