Concurso “Acendendo o Nadal” en Muros

A época do ano perfecta para dar cor e luz ás rúas, nas casas e establecementos comerciais, así que o Concello de Muros convoca o concurso “Acendendo o Nadal” con este fin.
Haberá premios aos tres mellores en cada categoría: Escaparate de establecemento, exterior de establecemento, exterior de vivenda particular e por último a categoría de rúa, espazo ou edificio público para asociacións ou agrupacións de establecementos ou particulares.
O boletín de inscrición pódese obter a través da páxina web www.muros.es ou directamente nas dependencias do concello e entregalo debidamente cumprimentado nas oficinas ou por correo electrónico.
Toda a información sobre este concurso, bases, inscricións, premios…tédela á vosa disposición na web do Concello de Muros.
Para os que somos espectadores, poderemos gozar dos adornos, decoracións e luces desde o 20 de decembro ao 7 de xaneiro. Esperaremos!

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com