Concertos acústicos no Mercado de Muros

A música sempre é unha boa opción e se a podemos gozar nun lugar tan emblemático como o Mercado de Abastos de Muros, aínda mellor.
Na axenda de A Ría da Estrela xa apuntamos as datas. Tomar nota!
Comezan o 27 de febreiro con Jose Regueira ás 21:00 h.
O seguinte fin de semana seguirán con Cisma (Xakin Martinez Maceiras e Chema Caamaño), tamén ás 21:00 h.
O sábado 12 de marzo será a quenda de Mestre Romeu, con Alfonso Gallardo Lago e Alberto Romeu Pedrosa.
Ademais dos concertos terán actividades organizadas pola Asociación Anajata.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com