Concerto Extraordinario en Outes

Para os amantes da música clásica e para os que aínda non descubristes o “extraordinaria” que é, este domingo celébrase un concerto na Casa da Cultura de Outes a cargo da Orquestra do Espazo de Cámara da USC (Orquestra Universitaria). Unha oportunidade para escoitar partituras de Verdi (Preludio da Traviata), J. S. Bach (suite nº3 para orquestra), Beethoven (a abertura de “Egmont”) e Bizet (suite nº2 L’Arlesienne).
Ás 7 da tarde este domingo 6 de marzo.

Photo of an unrecognizable female musician playing a cello.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com