Concentración motera en Noia

Unha cita que sen dúbida moitos xa tiñan apuntada e lembrámosvos desde A Ría da Estrela: a IX Concentración Moteira Ría de Noia os días 12, 13 e 14 de agosto.

Rutas turísticas, carreiras de exhibición, exhibición de stunt do campión de europa Edu Rodríguez, xogos populares… e máis actividades que vos convidamos a coñecer na web da Asociación de Moteiros Ría de Noia INFORMACIÓN INSCRIPCIONES, organizadores deste evento no que tamén colaboran os concellos de Noia, Carnota, Muros, Outes, Boiro, Lousame, Protección Civil de Noia e Cruz Vermella. Co patrocinio de E.S. Barcia.

Concentración motera Ría de Noia 2016 A Ría da Estrela

Non faltarán nin o pan de millo, nin a sardiñada, os mexillóns… Delicias da nosa terra!

 

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com