Castelo Rock en Muros

Rock & Roll! Cita ineludible en Muros coa música. Adiantámosvos un pouco da fantástica a programación da décimo terceira edición do CASTELO ROCK MUROS, aínda que poderedes atopar información moi completa nesta ligazón FESTIVAL CASTELO ROCK  (localización, accesos, horarios, grupos, entradas, etc).

Crowds Enjoying Themselves At Outdoor Music Festival

O venres 12 de agosto: Mojinos Escozíos, Dakidarría, Terbutalina, Anima e Molotov.

O sábado 13 de agosto: Muchachito, Dubioza Kolektiv, The Tolos, Festicultores Troupe e Os Desterrados.

Castelo Rock tocando A Ría da Estrela

Durante o día poderedes gozar de actividades gratuítas e para os concertos, poderedes adquirir entradas para 1 ó 2 días, tanto en puntos de venda físicos como a través da páxina web do festival.

Desde A Ría da Estrela estamos seguros de que será un éxito e que a estes 13 anos de rock segurirán moitos máis.

 

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com