Carreira Popular Sin Son 10K

Este domingo 13 de decembro celebrouse no Concello de Porto do Son a cuarta edición da Carreira Popular Sin Son 10K coa presenza entre os corredores de destacados fondistas e mediofondistas.
O pistoletazo de saída foi ás 10 e media da mañá en Portosín e os numerosos participantes (1.800 na proba reina), realizaron un percorrido de 10 quilómetros para alcanzar a meta. Os máis rápidos foron Hassan Lekhili, marroquí afincado en Galicia que en pouco máis de 30 minutos finalizou o seu percorrido, mentres que o segundo e terceiro posto foron para Alejandro Fernández e Manuel Hurtado.
En categoría feminina a primeira en cruzar a liña de meta foi Solange Pereira, seguida de Paula Mayobre e Sandra Mosquera.
Desde A Ría dá Estrela, parabén aos gañadores e a todos os participantes que fixeron posible esta exitosa xornada deportiva.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com