Carreira popular e Mercado Labrego en Lousame

A praza do Concello de Lousame acollerá o vindeiro domingo 17 de abril, coincidindo coa II Carreira Popular Pilar Barreiro Senra, a primeira edición do Mercado Labrego e Artesán de Lousame. Un mercado que foi presentado pola alcaldesa Teresa Villaverde e por Carmen Freire, presidenta da asociación Máisdetres, organizadora do mercado.
A iniciativa reunirá uns vinte postos nos que se poderán adquirir e degustar produtos do sector primario da comarca: froitas, hortalizas, marmeladas, conservas, doces, zumes, elaborados lácteos… así como produtos de artesanía, tanto utensilios funcionais para tarefas domésticas e agrarias como artigos decorativos elaborados en coiro, madeira, vimbio ou la. Un “intercambio de sabores, de saberes e de experiencias”, segundo verbas de Teresa Villaverde, ao que estades convidad@s

Mercado labrego e artesán Lousame A Ría da Estrela

O deporte chega coa “II Carreira Popular Pilar Barreiro Senra”, sobre unha superficie de 10 quilómetros na súa categoría absoluta, puntuable para o circuíto Correr en Galicia. Terá saída e meta nas inmediacións da praza de Teodomiro Hidalgo. Queda pouco tempo para as inscricións, ata o martes 12 de abril a través da páxina web de EME Sports (http://emesports.es/event/ii-carreira-popular-pilar-barreiro-senra-lousame-2016/). As anotacións nas probas escolares (menores de 11 anos) son de balde. As demais custarán10 euros.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com