Carnaval en Porto do Son

Concursos para maiores e para pequenos, comparsas, grupos, individuais…Con premios moi atractivos! E un programa de actividades que arrinca o sábado día 6 coa elección da Raíña de Entroido e continúa domingo, luns, martes e mércores.
Degustación de produtos típicos (orellas, filloas, melindres, morcillas), inchables para peques, DJ infantil, repartición de globos e piruletas…E non pode faltar o “Enterro do Felipiño” con saída da Casa da Cultura de Porto do Son ás 7 e media da tarde o mércores 10.
Se queredes ver con detalle os horarios deixámosvos en A Ría da Estrela unha imaxe do cartel de programación. Apuntámonos!

Entroido Porto do Son 2 A Ría da Estrela

 

Entroido Porto do Son A Ría da Estrela

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com