Cabalgata de Reis en Muros

Se a visita dos Reis Magos é especial, este ano Muros ten unha razón de peso para celebrala con máis entusiasmo. Cúmprense 50 anos da súa Cabalgata de Reis.
O 5 de xaneiro ás 11 da mañá sairá a comitiva do Carteiro Real, espéralle a difícil tarefa de recoller as cartas dos pequenos e seguro que algunha dos non tan peques…
Ás 5 da tarde comezará a cabalgata que nesta edición tan sinalada contará coa actuación dos Animaduendes Musicais.
Todo preparado para que Muros goce dun día moi especial e os nenos e nenas dunha noite moi esperada!

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com