Actuación de María do Ceo en Lousame

Un luxo! En A Ría da Estrela encántanos anunciar actos como este. A actuación de María do Ceo presentando o seu novo disco. Unha fadista extraordinaria, considerada por algúns críticos a sucesora de Amalia Rodrígues, e repetiriámosnos se vos contásemos o que din dela compañeiros de profesión, escritores, pintores… Recomendámosvos esta actuación de mañá sábado, día 11, na Casa da Cultura de Lousame ás 8 da tarde. A entrada é gratuíta ata completar aforamento.

 

Non dubidedes en visitar a súa páxina web (deixámosvos unha ligazón) MARÍA DO CEO e coñecer un pouco máis desta cantante excepcional.

María do Ceo 2 A Ría da Estrela

 

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com