Abierto plazo inscripción VIII Triatlon Pontenafonso. Memorial Míchel

Vaiamos por orde! Contámosvos que o prazo de inscrición para o VIII Tríatlon Pontenafonso “Memorial Míchel” está aberto ata o 16 de setembro. Pero antes de darvos detalles sobre este evento deportivo, desde A Ría da Estrela cremos que é importante contarvos quen era Míchel.

Un novo estudante de educación física, Miguel Ángel Agrafojo Pedrosa, apaixonado do deporte, que tivo a iniciativa de organizar nos anos noventa, con tan só 21 anos, un tríatlon popular en Ponte Nafonso. Por desgraza faleceu en 1993, pero a pesar da súa mocidade o seu legado deportivo foi importante e tiña que ser recoñecido. A súa achega ao deporte con distintas iniciativas e en especial o seu labor de difusión do tríatlon, ten neste memorial un recoñecemento sen dúbida, máis que merecido.

Esta é a finalidade da Asociación Deportiva O Peirán, organizadora do evento que se celebrará o próximo 1 de Outubro.

young woman run marathon and recreating fitness sporthealthy woman jogging and recrating

A través desta ligazón EMESPORTS   podedes acceder á web que vos dará a información que necesitedes. As inscricións poden ser individuais (cadete, junior, sénior, veterano) ou por equipos.

A prepararse!

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com