TITLE

DESCRIPTION

A Ría da Estrela. Os invitamos a coñecernos.

Unha estrela de mar, cun contorno dotado de entrantes e saíntes que quere lembrar o variado contorno costeiro, e na que cada un dos cinco concellos (Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son) está representado como unha das cinco patas, e que evoca aspectos do Camiño (como a relación coa vía láctea), será a encargada de unificar as mensaxes promocionais do geodestino ría de Muros-Noia, “a ría da estrela”.

 

A RÍA DA ESTRELA XEODESTINOS

Nesta fase que agora comeza, ponse en marcha unha páxina web capaz de acoller os diversos recursos turísticos, así como as noticias de carácter cultural, deportivo ou social que xeren os cinco concellos.
Acompañando a este espazo web, entran en funcionamento varias redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) as cales, ademais de publicitar os atractivos locais e de axudar a manter unha relación con veciños e visitantes, tamén colaborarán decisivamente co posicionamento do produto web.

(INSTAGRAM riademurosnoia – FACEBOOK www.facebook.com/ariadaestrela – TWITTER A RÍA DA ESTRELA @MurosNoia).

 

Logotipo A Ría da Estrela

Este apartado virtual acompáñase de 60.000 folletos promocionais e duns expositores colocados en puntos seleccionados ben por contrar cun elevado tránsito de persoas ou ben por ter unha especial relación co mundo do turismo.
Finalmente, un “stand” modular será o encargado de promocionar a ría de Muros-Noia entre o gran público galego, estando prevista a súa rotación polos centros comerciais con maiores afluencias de visitantes das 7 cidades galegas.
Unha vez cumprida esta misión, a caseta dedicarase posteriormente a apoiar a presenza dos concellos do geodestino en feiras turísticas.
Para dar sentido a todas estas ferramentas, se eleboró unha estratexia de comunicación centrada na unidade de acción, por iso non mostra unha oferta de recursos turísticos divididos por concellos, senón que opta por organizarse en base a unha serie de sensacións ou experiencias.
“Crer” é o apartado máis galego do catálogo de experiencias, pois incorpora elementos ou lugares marcados pola maxia, a fe, as lendas ou as crenzas populares.
O apartado de “Saber” céntrase en aspectos culturais, cunha especial incidencia dos recursos de turismo industrial, posiblemente o tipo de turismo que máis se desenvolveu nos últimos anos.
“Oír” achéganos aos nosos maiores, ás súas historias e as súas tradicións, ás festas e ás feiras.
Unha comarca de tanta beleza natural tiña que contar tamén cun apartado dedicado ao paisajismo; en “Ver” os miradoiros e praias son os seus principais protagonistas.
Finalmente un quinto apartado denominado “Comer, beber e durmir” ponnos en contacto non só cos nosos mellores produtos, senón tamén co sector da hostalería, básico para o éxito dunha actividade como esta.

 

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com