sancosmeiros

Un lugar destacado na artesanía desta zona corresponde á cestería e, especialmente, ós chapeus de palla coñecidos como sancosmeiros, aínda que tradicionalmente son feitos na parroquia de Santo Ourente. Este ofici, basado na técnica que empregaban as mulleres ó trenzarse o cabelo, permitiu que, ademais de chapeus, puidesen fabricarse cestas, bolsas e moitos máis obxectos que se atopan actualmente en museos.

Os sancosmeiros están feitos de palla limpa de trigo, mollada e ben secada que trenzándola coidadosamente  forma uns chapeus circulares de gran resistencia e impermeabilidad. Teñen unha gran demanda non só entre as campesiñas da comarca senón ademais entre as doutras aldeas galegas, pola súa perfecta adecuación as labores agrícolas tanto no verán coma no inverno, e mesmo son adquiridos polos visitantes como recordo. Constitúen tamén o principal atractivo das casetas do concello de Outes nos distintos eventos promocionais os que acode.

El tiempo en Outes
Miércoles 18°
10°
Jueves 12°
Viernes 11°
Sábado 12°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com