Playa de Porto do Son

Coñecida como a localidade con máis praias de Galicia, Porto do Son ten o privilexio de contar con máis de 20 praias de area branca en algo máis de 25 quilómetros de costa, o que permite escoller entre as situadas nunha contorna urbana ou as que permanecen nunha contorna virxe.

Con augas tranquilas e piscinas naturais perfectas para o baño, ou con ondada moderada e máis ventosas idóneas para a práctica de surf ou windsurf.

Praias paradisíacas e cálidas, con embarcadoiros para sentar, deixar pasar o tempo e ver a posta de sol, con forma de enseada para gozar de longos paseos pola beira ou cunha paisaxe rochosa para ver como rompen as ondas.

Para unha tarde, para un día ou para quedarnos porque algúns destes areais de Porto do Son dispoñen de cámping, merendeiros ou asadores, paseos marítimos…

A calidade das súas augas, area, contorna, limpeza, vixilancia, accesos e servizos fixeron que en máis dunha ocasión se distingan con Bandeira Azul, por exemplo a de Cabeiro ou a de Ornada. Outros areais máis naturais non poden recibir esa distinción pero contan coa súa propia personalidade e contorna máis que privilexiadas.

El tiempo en Porto do Son
Lunes 19°
Martes 19°
Miércoles 20°
Jueves 18°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com