Castro de Baroña

Ademais de ser un dos lugares máis espectaculares e recoñecidos de Porto do Son poida que o que máis caracterice este poboado da Idade de Ferro sexa a “singularidade”. Non só polas características tan representativas da súa construción senón pola pequena e abrupta península onde está situado, unida á terra por un pequeno istmo areoso.

Habitado desde a segunda Idade de Ferro ata ben entrada a época romana, a súa aparencia actual data do cambio de era (século I a. C ata o I d. C) e destaca unha estrutura baseada nun complexo sistema defensivo.

Descuberto en 1933 e declarado Monumento Artístico Nacional ten unha primeira liña de foso e unha muralla seguida doutra que delimita os recintos. Unha entrada principal e agrupadas en tres plataformas, atópanse máis de trinta vivendas perfectamente adaptadas ás irregularidades do terreo, de planta simple e forma circular ou ovalada.

Algún destes espazos destinábase a traballos artesáns, almacenamento… e como corresponde a un castro costeiro, atopáronse restos de cunchas, espiñas, moluscos e mariscos acumulados na zona denominada “concheiro”.

Imposible pasar por alto a praia que o castro ten aos seus pés: Area Longa. Un areal para gozar de augas tranquilas e que en tempos supuxo un medio de vida para os habitantes do lugar.

Para axudar a coñecer este recinto creouse o Centro de Interpretación do Castro de Baroña. Situado nun edificio singular do século XIX (antigo concello), no medio da vila mariñeira de Porto do Son. A través de paneis, maquetas e obxectos orixinais atopados nas escavacións, podemos coñecer mellor a vida dos habitantes dun dos castros costeiros máis representativos.

El tiempo en Porto do Son
Domingo 14°
Lunes 13°
Martes 13°
Miércoles 12°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com