Museo de Lápidas Gremiales

Na Igrexa de Santa María a Nova (século XIV), representativa da arquitectura gótica mariñeira e na actualidade desacralizada, atopamos un dos museos máis singulares do mundo; trátase dun museo de laudas (lápidas sepulcrais).

O recinto alberga unha gran colección de laxas de forma rectangular, de pedra, que cubrían as tumbas dos mortos e que destacan polas súas inscricións, marcas e gravados.

As máis importantes son as que mediante os seus signos ou símbolos desvelan datos sobre o defunto, como o gremio de artesáns ao que pertencía (as tesoiras e a vara de medir pertencían ao xastre, a cuncha ao mariñeiro, os pés ao zapateiro…), ou as de heráldica e figuras en relevo que indicaban a familia de procedencia.

Unha das explicacións máis convincentes é que na época histórica na que se sitúan as laudas, séculos do XIV ao XIX, a maioría da xente non sabía ler e así esta simboloxía de oficios e familia permitía recoñecer a quen pertencía o sepulcro.

Este conxunto de lápidas gremiais, pola súa especial singularidade é o que dá nome ao recinto, que é un dos maiores e máis representativos de Noia. Tanto é así, que como obxecto de recordo da nosa visita, as tendas permítennos adquirir pequenas reproducións das lápidas gremiais.

El tiempo en Noia
Domingo 14°
Lunes 14°
Martes 12°
Miércoles 12°
tiempo.com   +info

HORARIOS

Luns a Venres: 10:30 a 13:30 e 16:00 a 18:00

Sábados: 10:30 a 13:30

Domingos: 11:30 a 13:30

 

Información e inscripciones: 981 824 169

Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com