Conjunto Histórico de Noia

É visita obrigada pasear por el e gozalo con calma. A súa riqueza histórica e arquitectónica, a estrutura das súas rúas, as súas pontes, prazas e soportais levarannos a viaxar a outros tempos, a outra época na que esta vila mariñeira tamén foi vila de zapateiros.

Pórticos, rosetóns, arcos, capiteis… Unha incrible riqueza de arquitectura gótica que atoparemos en construcións como a Igrexa de San Martiño do século XV, a Praza do Tapal ou a Igrexa de Santa María a Nova do século XIV, construída sobre unha primitiva igrexa románica do século XII, e convertida hoxe no museo que alberga as laudas gremiais.

Á beira do Concello sitúase o Convento de San Francisco, do século XVI, que mestura o estilo gótico co renacentista.

No centro histórico da que foi cualificada como a mellor vila oxival galega gozaremos das súas terrazas, as súas prazas e do tapeo e o bo comer dos seus mesóns, moitos situados baixo os soportais de casas nobres que conservan detalles como ventanucos ou caras gravadas na pedra.

E se falamos de gastronomía, non podemos deixar de probar a empanada de millo con xoubas e berberechos, para algúns a mellor de Galicia e que é a orixe da celebración da Festa da Empanada, un dos festexos gastronómicos máis importantes da nosa comunidade que a principios de setembro celebrou máis de corenta edicións.

El tiempo en Noia
Sábado 20°
15°
Domingo 19°
15°
Lunes 19°
15°
Martes 21°
15°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com