Monte Louro

A xigantesca mole granítica do Monte Louro constitúe un dos escenarios máis representativos da Galicia Máxica. Pechando a ría polo extremo norte, a súa orixinal silueta de dous cumes (cun máximo de 240 metros de altura), penétrase no mar dando renda solta á imaxinación: na súa historia confúndense os mitos e as lendas co recordo de ritos pagáns ancestrais.

A súa peculiar localización proporciona non só unhas fantásticas vistas da ría de Muros-Noia, senón que cara ao sur permítenos gozar da península do Barbanza, adiviñándose o Castro de Baroña e, cara ao norte, contemplamos a praia de Ancoradoiro, co faro de Lariño e, máis ao fondo, o cabo da fin do mundo: Fisterra.

O conxunto conforma un espazo privilexiado desde o punto de vista paisaxístico, xa que inclúe, ademais da fermosa praia virxe de Areia Maior, a lagoa de Xalfas, localizada na parte exterior da vertente norte da ría e que está declarada espazo de interese natural pola súa gran riqueza biolóxica.

Dun 200 m de diámetro, a lagoa atópase separada do mar por unha barreira dunar que impide a desembocadura ao mar do río Longarelo.

Neste tipo de ecosistemas tan pechados é relativamente frecuente a presenza dunha peculiar fauna e flora. A lagoa de Xalfas non é unha excepción, o que contribúe a aumentar o atractivo do recinto.

Concretamente atopamos especies capaces de resistir a contradición da sequidade dun escenario case dunar mesturado cunha humidade do aire moi elevada. Destaca a presenza de Lilaeopsis Caroilnensis, xa que esta é a única zona de Galicia en que atopamos exemplares desta especie; e a máis frecuente selección de plantas capaces de fixar as areas.

No relativo á fauna tamén atopamos unha curiosa contradición: a principios do verán aniñan especies como o ánade real, a foca común, o zampullín mozo ou o rascón; mentres que pola contra tamén gozamos doutras especies que elixen a zona para invernar, como o porrón moñudo, pato silbón, mazarico ou a garza real. En época de temporais foron vistos araos papagaios ou arao boto en busca de refuxio.

Gran cantidade de anfibios, réptiles e mesmo lontras son tamén parte da familia que este espazo tan singular pon ante os nosos ollos.

El tiempo en Muros
Lunes 18°
Martes 18°
Miércoles 19°
Jueves 18°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com