Carballeira de San Lorenzo

Lousame é un concello que convida ao contacto coa natureza. Percorrido por espléndidas rutas de sendeirismo que ou ben nos achegan aos seus miradoiros (monte A Muralla, monte Iroite) ou ben serpentean xunto aos seus ríos (Vilacoba ou San Xusto), Lousame ofrécenos algunhas das máis belas estampas da Galicia verde.

Quizá o exemplo máis destacado sexa a sobreira de San Lourenzo, onde o 10 de agosto se celebra unha popular romaría en honra deste santo, quen é paseado polo recinto ata volver recollerse na súa capela.

Neste escenario sobrecolledor, onde as sobreiras compiten en retorcedura por conseguir as formas máis caprichosas, devotos e visitantes poden gozar da zona de merendeiro ou simplemente deixar voar a imaxinación.

E falando de imaxinación, esta tamén se desborda no afloramento granítico do Confurco, outro escenario máxico que forma unha paisaxe de grande encanto e de gran valor xeolóxico, desde onde con bo tempo é posible divisar a ría de Arousa.

A imaxe e semellanza das súas veciñas as sobreiras, as moles graníticas tamén estimulan a creatividade, recreando diversas figuras que o espectador se entreterá en descubrir.

El tiempo en Lousame
Sábado 20°
15°
Domingo 19°
14°
Lunes 19°
15°
Martes 20°
15°
tiempo.com   +info
Time used: ms

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com