Los ayuntamientos de Lousame, Muros, Noia, Porto do Son y Outes conforman A Ría da Estrela. Un lugar privilegiado lleno de encantos y con rincones de los que enamorarse. Juntos ofrecen un paraje idílico para organizar cualquier tipo de actividad durante todo el año. Ricos en gastronomía, cultura, naturaleza, historia…

Un clima envidiable hace de este lugar un destino perfecto para cualquier escapada, para un fin de semana o para unas vacaciones más largas. Déjate conquistar por la maravilla de A Ría da Estrela y ven a conocernos.

Existen cientos de actividades que descubrir y cada una de ellas te llevará a conectar con cada entorno.

O vindeiro martes 24 de outubro o centro Cervantes de Roma acolle unha conferencia do historiador noiés Xerardo Agrafoxo sobre o Camiño Inglés a Santiago da Ría de Muros-Noia e a súa Portus Apostoli. Esta acción inscríbese dentro do programa cultural do Cume Hispano-Italiano de xefes de goberno, aprazada pola crise catalá pero que, con todo, ...

O primeiro fin de semana de setembro Portosín prepárase para uns días de festa: conferencias na Casa do Pescador, Showcooking de cociñeiros de recoñecido prestixio na carpa “Vive Azul de Portosín”, postos de gastronomía e artesanía, degustacións, menús co Azul de Portosín nos restaurantes, actividades para nenos, travesías no Joaquín Vieta, visitas guiadas a un ...

Podemos respirar tranquilos: confirmamos que hai vida máis aló das estrelas Michelín. O mundo da gastronomía é un universo complexo. Sometido de entrada á inevitable (e estimable) temporalidade dos produtos, foi engadindo novas complicacións. Unha pertinaz crise económica quizá fose a máis grave de todas, pero outros nuboeiros cubrían o ceo das cociñas. O peor ...

Abertas as inscricións no II Duatlón Cross Lousame, que organiza o Clube Btt Triatlón O Treito-Lousame e que terá lugar o vindeiro 11 de decembro. Inscricións en Galitiming Cronometraxe (http://dualousame.galitiming.com/). Colaboran: Concello de Lousame, Deputación da Coruña, Cerveceria News, Restaurante O Forno, Barvent PVC Aluminio, MC bikes, Construcciones Goymar, ALUSA SL. Cubiertas, Canalones, Fachadas y ...

Un resumo fotográfico que recolle o bo intre que pasaron os amigos que tiveron a sorte de estar no Museo do Mar de Noia na inauguración da súa V Belén Mariñeiro. Este ano as estrellas son los mexillóns.. Unha batea, repleta de bivalvos, cobre todo o conxunto, no que está representado o pesebre, as embarcacións ...

El grupo juvenil AVAD Lousame organiza una RUTA DE SENDERISMO que lleva el nombre de “Bruxas polo Camiño”. Se desarrollará el sábado 24 de septiembre, a partir de las 21:00 horas, y tendrá una ambientación terrorífica con varias escenificaciones a lo largo del recorrido. Con una dificultad baja y apta para todos los públicos, tiene ...

Esta magnífica foto realizada por Suso Souto e publicada no diario El Correo Gallego é o mellor exemplo do que foron as festas de San Bartolomeu 2016 de Noia. Na imaxe a Praza do Tapal con miles de persoas gozando do concerto Los Secretos. Álvaro Urquijo e os seus compañeiros se encotraron cun público totalmente ...

Unha cita que sen dúbida moitos xa tiñan apuntada e lembrámosvos desde A Ría da Estrela: a IX Concentración Moteira Ría de Noia os días 12, 13 e 14 de agosto. Rutas turísticas, carreiras de exhibición, exhibición de stunt do campión de europa Edu Rodríguez, xogos populares… e máis actividades que vos convidamos a coñecer ...

Vaiamos por orde! Contámosvos que o prazo de inscrición para o VIII Tríatlon Pontenafonso “Memorial Míchel” está aberto ata o 16 de setembro. Pero antes de darvos detalles sobre este evento deportivo, desde A Ría da Estrela cremos que é importante contarvos quen era Míchel. Un novo estudante de educación física, Miguel Ángel Agrafojo Pedrosa, ...

Esta é unha das magníficas fotografías que Carmela Queijeiro realizou da Feira Celta en Porto do Son. En A Ría da Estrela compartimos convosco esta ligazón ÁLBUM FOTOS publicado no períodico La Voz de Galicia, para os que non tivestes a sorte de poder gozar dela. Organizada polo Operador de Mercados Temáticos, “Balconet” e coa ...

A Asociación de Empresarios de Portosín nos ofrede un programa moi completo para o lecer, a diversión e o deporte para estas vacacións: Cinema infantil, zumba na praia e actuacións musicais. Contámosvolo! A cita co cinema é na Casa da Cultura de Portosín de 9 e media a 11 e media da noite. Tras unha ...

Rock & Roll! Cita ineludible en Muros coa música. Adiantámosvos un pouco da fantástica a programación da décimo terceira edición do CASTELO ROCK MUROS, aínda que poderedes atopar información moi completa nesta ligazón FESTIVAL CASTELO ROCK  (localización, accesos, horarios, grupos, entradas, etc). O sábado 13 de agosto: Muchachito, Dubioza Kolektiv, The Tolos, Festicultores Troupe e Os ...

Este fin de semana se ha celebrado el XXIX Gran Prix Carrilanas Esteiro, Marqués de Vizhoja. Como cada año un éxito de asistencia a esta prueba declarada Fiesta de Interés Turístico de Galicia.             Fotografías: Carmela Queijeiro Os dejamos el link a la noticia y álbum de fotos de La ...

Si. É posible. Non nos volvemos tolos. Un proxecto a priori difícil de imaxinar pero que se fixo posible. Coincidirá coa travesía “Navega o Camiño” organizada por Yates Marina de Gijón, onde participarán a maioría dos portos da rede North Marinas e que finalizará cunha misa conxunta na Catedral de Santiago. Para recibir a Compostela ...

Un espectáculo único! Festa, diversión, alegría… Un dos eventos máis esperados do verán, con fama mundial, único e que cada ano congrega a máis persoas. Sen dúbida pola dedicación de todas as persoas que participan, organizan, compiten… e a implicación de todo Esteiro. Unha festa declarada de interese turístico de Galicia. Que vos parece a ...

Este verán espéranos unha axenda repleta de celebracións. Así que ademais de gozar das praias e a extraordinaria contorna natural de A Ría da Estrela, poderemos facelo de concertos, festas, exposicións… Entre as citas, a Feira Medieval de Noia que chega ao seu décimo novena edición. O pasado ano recibiu a máis de cento vinte ...

Os Amigos do Camiño Inglés Muros Noia alcanzaron Compostela cumprindo así unha peregrinación por etapas que comezou o pasado 18 de xuño, na Praza do Concello de Muros. A saída cara a unha experiencia inesquecible para os seus protagonistas e que servirá para impulsar a súa candidatura para alcanzar o recoñecemento oficial. Desde A Ría ...

Verán! Bo tempo, sol, calor…esperabámolo. A Ría da Estrela é unha auténtica marabilla pero se ademais acompáñannos as condicións climatolóxicas, non se pode pedir máis. Ben…pódese pedir un pouquiño máis: Festa! Contámosvos a continuación o completo programa das festas de San Pedro en Muros. Axenda en man! Martes 28 12:00 h. Pasarrúras: Faltriqueira 22:30 h. ...

Desde A Ría da Estrela estamos encantados de poder informarvos de eventos como este: MERCADO MARIÑEIRO no Concello de Muros. Do 8 ao 10 de Xullo a vila celebra durante 3 días este mercado típico cunha programación variada de actividades para público de todas as idades, con talleres infantís, espectáculos, actuacións musicais. Fagamos un pequeno ...

Un luxo! En A Ría da Estrela encántanos anunciar actos como este. A actuación de María do Ceo presentando o seu novo disco. Unha fadista extraordinaria, considerada por algúns críticos a sucesora de Amalia Rodrígues, e repetiriámosnos se vos contásemos o que din dela compañeiros de profesión, escritores, pintores… Recomendámosvos esta actuación de mañá sábado, ...

Competir nunha regata sen dúbida ten que ser unha experiencia fantástica, a combinación de deporte e mar é difícil de mellorar, pero de momento ímonos a quedar en espectadores. Moito máis seguro! Este fin de semana celébrase a XV Regata clasificatoria trofeo Berberecho, organizada polo Real Club Náutico de Portosín, pon fin á tempada Optimist ...

Presentámosvos a continuación un bo plan para os días 8, 9 e 10 de xullo: Mercado Mariñeiro #murosmiraaomar Organizado polo Concello de Muros dentro das Xornadas de Cultura Mariñeira “Muros Mira ao Mar”. Un mercado cheo de vida que ocupará o casco monumental histórico da vila e no que ademais de poder adquirir produtos típicos ...

O mellor exemplo de que se fai camiño ao andar é este: CAMIÑA CONNOSCO, peregrina a Santiago cos amigos do Camiño Inglés Ría de Muros Noia. Unha peregrinación en 5 etapas que nos achegará en todos os sentidos a Compostela. Sen dúbida una das mellores experiencias que podemos vivir e desde A Ría da Estrela ...

O magnífico edificio do Centro de Interpretacións do Castro de Baroña (Porto do Son), acolleu a última das sesións informativas a hostaleiros e empresas relacionadas co turismo da nosa ría, en colaboración coa Asociación Turístico Comarcal Ría Muros Noia. Do mesmo xeito que nas reunións anteriores, o obxectivo: *Presentar a imaxe de marca do noso ...

A cita comeza hoxe ás 8 da tarde aínda que todo o equipo que hai detrás deste congreso leva meses traballando para que sexa un éxito, e estamos seguros de que será así. Preto de cen xornalistas españois e portugueses acudirán á cita que ademais lles permitirá descubrir, se é que non o fixeron antes, ...

Delicioso!! Todo un pracer para os sentidos… Vista: Sobran palabras ao ver a foto. Olfacto: Ata desde aquí podemos imaxinalo. Combinemos o pracer do tacto e o oído ao coller o pan e escoitar o crujido. E que dicir do gusto!! O máis privilexiado dos sentidos neste terceiro CONCURSO DE TAPAS en Porto do Son. ...

Sempre é unha boa noticia contar que se pon en marcha unha competición deportiva. Neste caso o I Dúatlon “Eleuterio Balayo” Concello de Muros. Celébrase hoxe sábado e a hora prevista de saída é ás 5 da tarde. Desde A Ría da Estrela estamos seguros de que será un éxito e se o tempo acompaña, ...

  Tres días de competición, 8, 9 e 10 de abril nos que o Rali de Noia cumpriu 32 anos evidenciando un bo estado de saúde que o fai unha das probas máis destacadas do campionato galego. Desde A Ría da Estrela mostrámosvos esta magnífica fotografía publicada no xornal La Voz de Galicia, realizada por ...

A praza do Concello de Lousame acollerá o vindeiro domingo 17 de abril, coincidindo coa II Carreira Popular Pilar Barreiro Senra, a primeira edición do Mercado Labrego e Artesán de Lousame. Un mercado que foi presentado pola alcaldesa Teresa Villaverde e por Carmen Freire, presidenta da asociación Máisdetres, organizadora do mercado. A iniciativa reunirá uns ...

Onte venres coa Misa Solemne en honra á Virxe de Dores e a procesión a continuación, comezaron os actos de celebración da Semana Santa en Muros. Desde A Ría da Estrela mostrámosvos o cartel cos horarios das procesións previstas para estes días nos que o último acto será a Misa Solemne de Pascua o domingo ...

O cinema sempre é unha boa opción e desde A Ría da Estrela comprobaredes que cada vez que teñamos ocasión, suxerirémosvolo. Este fin de semana é “perfecto” para gozar da sétima arte. Onde? Na Casa da Cultura de Outes coa terceira edición do seu festival. É magnífico que o Concello de Outes forme parte do ...

O pasado luns as instalacións do GAC de Noia enchéronse por completo para asistir á presentación do noso Xeodestino. Unha reunión informativa, en colaboración coa Asociación Turístico Comarcal Ría Muros Noia e a Asociación Noia Histórica, na que achegamos e explicamos o noso proxecto ao sector hostaleiro e ao resto de empresas relacionadas co turismo. ...

Que ninguén quede en casa! Se brilla o sol, gozar del. E se chove…non pasa nada! Non deixemos que unhas pingas (as pingas de choiva adoitan ser habituais compañeiras de viaxe para os galegos), impidan que gocemos do aire libre, da paisaxe, dos amigos e dos grandes beneficios que ten para o noso corpo e ...

Para os amantes da música clásica e para os que aínda non descubristes o “extraordinaria” que é, este domingo celébrase un concerto na Casa da Cultura de Outes a cargo da Orquestra do Espazo de Cámara da USC (Orquestra Universitaria). Unha oportunidade para escoitar partituras de Verdi (Preludio da Traviata), J. S. Bach (suite nº3 ...

Imposible non facer alusión en A Ría da Estrela este evento que ten ao mar como protagonista. Organizada polo Real Club Náutico Portosín, celebrarase nas augas da Ría de Muros-Noia. A cita será os días 5 e 19 no mes de marzo e 9 e 23 no mes de abril. Toda a información desta regata ...

Venres, sábado e domingo ou o que é o mesmo días 4, 5 e 6 de marzo, celébrase na Alameda de Noia a décima edición desta feira. Unha oportunidade estupenda na que participan unha vintena de tendas, para adquirir artigos de moda, complementos, deportivos ou infantís a prezos máis baixos do habitual. O que adoita ...

Un curso homologado pola Xunta de Galicia que se celebrará nos meses de marzo, abril e maio, na Casa da Cultura de Outes, de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 horas cun calendario que coincide en fins de semana, o que o fai compatible con aquelas persoas que estudan ou traballan e ...

Así é. Todo un tesouro do que fala este interesante artigo, asinado por Ana Montes no xornal LA VOZ DE GALICIA, cunha preciosa fotografía de Benito Ordóñez. http://www.lavozdegalicia.es/…/…/00031455709636532843672.htm A primeira “colleita” de abalón da Galician Marine Aquaculture (GMA), a granxa mariña que o cultiva na Ría de Muros. Sen dúbida a información que contén este ...

Xa celebramos tres sesións informativas, en Muros, Esteiro e Portosín, en colaboración coa Asociación Turístico Comarcal Ría Muros Noia. Pretendemos así chegar ao maior número posible de responsables de aloxamentos, de negocios de hostalería e de empresas relacionadas co turismo. “A Ría dá Estrela” é un gran proxecto, sumando esforzos farémolo aínda mellor. Con estas ...

Desde A Ría da Estrela adiantámosvos que para a próxima semana, o venres 26, o servizo de Normalización Lingüística de Muros organiza unhas actividades de contacontos con motivo do día de Rosalía de Castro. Contos, historias e poemas da man de Marisa Irimia. Ilustradora de numerosos libros e extraordinaria contacontos que dedica unha parte importante ...

Mostrámosvos en A Ría da Estrela o cartel con programación cultural que preparou o Concello de Noia a partir do día 20. Teatro, literatura e cinema. Interesante verdade? Fagamos un breve resumo para que apuntedes na vosa axenda: Sábado 20 e domingo 21 no Teatro Coliseo Noela Carlos Branco Ao Vivo. O mércores 24 na ...

Sábado 20, cita co teatro en Muros. Os encargados son os actores de “Talía Teatro” unha compañía creada no ano 1988, consolidada, máis que recoñécida e cunha extensa lista de éxitos. No Centro Cultural e Xuvenil de Muros representarán a obra “DEMOLICIÓN”. Trátase dun “comidrama” cheo de humor e emoción, escrito e dirixido por Cándido ...

A aula de Toxoutos da UNED A Coruña, xa ten aberto o prazo de matrícula para dous cursos que se impartirán o próximo cuadrimestre: “Horta Labrega” e “Saberes e sabores dás nosas froitas”. Tedes este mes para realizar a inscrición no correo maisdetres@yahoo.es ou no teléfono 686 783 800. Cada curso ten un custo de ...

A música sempre é unha boa opción e se a podemos gozar nun lugar tan emblemático como o Mercado de Abastos de Muros, aínda mellor. Na axenda de A Ría da Estrela xa apuntamos as datas. Tomar nota! Comezan o 27 de febreiro con Jose Regueira ás 21:00 h. O seguinte fin de semana seguirán ...

Tras o éxito do curso de iniciación, a Concellería de Cultura e Xuventude do Concello de Lousame organiza un novo curso impartido por Ollaparo. As clases son os sábados, de 11 da mañá a 1 da tarde na Casa dá Cultura “Santeiros de Chave” e inclúen saídas prácticas, algo que sen dúbida resulta moi entretido ...

A cita co Entroido en Lousame é este sábado, 6 de Febreiro no Polideportivo Municipal “Pilar Barreiro Senra”- A Silva. Desde as 5 da tarde un festival cheo de diversión e de premios. Desde A Ría da Estrela adiantámosvos algunhas cousas. Desfile de disfraces con catro categorías distintas segundo a idade, con agasallos para todos ...

Concursos para maiores e para pequenos, comparsas, grupos, individuais…Con premios moi atractivos! E un programa de actividades que arrinca o sábado día 6 coa elección da Raíña de Entroido e continúa domingo, luns, martes e mércores. Degustación de produtos típicos (orellas, filloas, melindres, morcillas), inchables para peques, DJ infantil, repartición de globos e piruletas…E non ...

Que idea tan orixinal! É estupenda…O Primeiro Puzle Xigante de Empanada. Organiza a Asociación Animalista ANAJATA e colaboran o Concello de Muros, hostaleiros, panaderías e outros establecementos de Muros. A cita é no Mercado de Abastos o 27 de febreiro, comeza ás 11 da mañá coa exposición da empanada xigante, a degustación será entre as ...

Ensinámosvos o cartel promocional da celebración de entroido en Noia. Un programa estupendo que comeza o sábado 6 de febreiro ás 5 e media da tarde cun desfile infantil. Ata o venres día 12 poderemos gozar dunha degustación gratuíta de orellas, actividades para nenos, talleres, enterro da sardiña acompañado de chocolate con churros, rally París-Dakar, ...

24 de xaneiro de 2016. Lembraremos sempre esta data porque ALCANZAMOS os 5.000 AMIGOS no Facebook de A Ría da Estrela. Estamos orgullosos de alcanzar tanto apoio en tan pouco tempo, pero o maior sentimento nestes momentos é o de responsabilidade. A responsabilidade de estar á altura da vosa colaboración e a responsabilidade de ter ...

Este sábado ás 12 e media da mañá, nun acto aberto a todos os veciños de Lousame, terá lugar unha homenaxe ao atleta local Fernando Pérez Fernández, “Dete”. Un recoñecemento do Concello de Lousame ao que xa foi galardoado como mellor deportista do muncipio no ano 2014 na Primeira Gala do Deporte do Concello de ...

O equipo da Asociación Mototurística Ría de Noia xa está a traballar na preparación da IX Concentración Motera Ría de Noia. Apuntar a data na vosa axenda: do 12 ao 14 de agosto. Estades a tempo! Un mes no que esperamos que o bo tempo acompáñenos. Desde A Ría da Estrela, manterémosvos informados das novidades.

O atletismo galego ten unha cita o 27 de febreiro en Portosín. A competición PORTOSÍN T RETA comezará ás 9 da mañá e a partir desa hora darase a saída ás distintas categorías con distintos percorridos e distancias: Marter 20, 30, 40, 50 e veteranos. Os pequenos da casa poderán participar xa que en PORTOSÍN ...

Que ben soa! “lanoterapia”. Soa a relax, tranquilidade, entretemento… Non imos moi descaminados. Esta actividade que se está levando a cabo en cinco parroquias de Lousame está a ser todo un éxito. Resulta unha combinación perfecta para desconectar da tensión diaria, practicar unha actividade artesanal e pasar un intre moi agradable. Socorro Vázquez Montero imparte ...

O noso stand modular finalizou o seu periplo polos centros comerciais de Galicia. Estivemos en Coruña, Ourense, Lugo, Vigo, Narón e Santiago. Como as datas eran moi propicias, fomos visitados por un número altísimo de persoas de todas as idades. Misión cumprida: comezamos xa unha nova fase da nosa promoción. Grazas a todas as persoas ...

Un sábado 23 espectacular. Ás 6 da tarde na casa da cultura de Muros, unha ocasión magnífica para ver danza coa compañía Entremáns e a obra “Xoga”. Para apuntar: Este sábado 23 de xaneiro ás 6 da tarde. Casa da Cultura.

Queda tempo pero desde A Ría da Estrela convidámosvos a que apuntedes a data na vosa axenda. O sábado 23 de xaneiro, ás 20.30, chega A RUTA DO SAL (Unha viaxe a través da Galicia máis tradicional) á Antiga Fábrica de Sel (Muros) Un espectáculo musical da agrupación Ximiela de Louro.

Muestras de apoyo para la ruta del Camino por la ria Muros-Noia. Una buena noticia que recoge el periódico EL CORREO GALLEGO. http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/patrimonio-delimitara-ruta-camino-ria-muros-noia/idEdicion-2016-01-14/idNoticia-974222/ La reunión para oficializar este recorrido. (Fotografía: El Correo Gallego)

Un moi bo plan para o fin de semana: Unha visita ao Castro Baroña. Este sábado a Asociacion Maisdetres organiza, en colaboración co Concello de Lousame, esta visita didáctica. A cita é ás 10 e media da mañá e o punto de encontro no castro. Percorrido por Comunidade de Montes de Baroña, Terra Celta e ...

Un mes de xaneiro con TEATRO, CINE e a EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA de Suso Montero “Supervivientes” na Casa da Cultura A. Avilés de Taramancos do día 15 ao 29. Este sábado no Teatro “Coliseo Noela” a compañía Teatro do Morcego representará a obra “Presidente” e o domingo 31 unha nova cita coa comedia cos actores Federico ...

A primeira visita do ano ás Minas de San Finx no Concello de Lousame tivo lugar o primeiro día do ano. A familia de Graciela Ochoa Chisca escolleu o 1 de xaneiro para esta xuntanza á que acudiron familares tanto de Arxentina como de Galicia, residentes en Silvarredonda. Unha visita na que puideron coñecer unhas ...

Parabén aos 451 participantes desta carreira! Unha xornada de deporte que bateu récord de participación superando os 300 inscritos da pasada edición. Deixámosvos unha ligazón coa estupenda foto e a noticia publicadas polo xornal La Voz de Galicia. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2016/01/02/fernando-perez-claudia-blanco-imponen-noia/0003_201601B2C6991.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbbar  

Os veciños de Muros xa poden gozar da revista THE MUROS TIMES. Desde A Ría da Estrela os recomendámosvos esta publicación sobre elementos de interese histórico e patrimonial, que consta de 35 fichas de fontes, cruceiros, hórreos…situados en Louro. O acto de presentación estivo a cargo de Xocas Figueiras, autor do traballo, Manuel Lago Álvarez ...

Se a visita dos Reis Magos é especial, este ano Muros ten unha razón de peso para celebrala con máis entusiasmo. Cúmprense 50 anos da súa Cabalgata de Reis. O 5 de xaneiro ás 11 da mañá sairá a comitiva do Carteiro Real, espéralle a difícil tarefa de recoller as cartas dos pequenos e seguro ...

Compartimos convosco en A Ría da Estrela a noticia que publicou LA VOZ DE GALICIA e que sen dúbida vos gustará e sobre todo sorprenderavos. Asombroso: Unha ostra xigante capturada por unha embarcación de Noia. A natureza nunca deixará de sorprendernos, nesta ocasión moi gratamente. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/maritima/2015/12/26/embarcacion-noia-capturo-ostra-kilo-medio/0003_201512G26P33994.htm

O mellor castro costeiro de Galicia, Castro Baroña (Porto do Son), recupera o estado orixinal da súa estrutura. Unha importante noticia publicada no xornal La Voz de Galicia. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2015/12/23/renacimiento-castro-barona/0003_201512B23C2991.htm  

Única! A primeira carreira nocturna á que estamos seguros seguirán moitísimas máis edicións. Sen dúbida o deporte, a vida sa e a competición, pesan á hora de participar pero nesta ocasión súmase o atractivo de correr no medio da historia, entre estreitos canellóns que nalgún tramo requirirán certa habilidade, no medio do Conxunto Histórico Artístico ...

Cita coa danza en “Ó son da danza” coa escola Anduriña no festival que se celebrará no Polideportivo Santa Irene o domingo 27 de decembro ás 8 da tarde.

Unha extraordinaria iniciativa que para os que aínda non o sabedes, contámosvos desde A Ría da Estrela. O sábado 26 de decembro desde as 5 da tarde na Casa de Cultura de Xuño celebrarase a 2ª Gala Contra o Cancro. Haberá globoflexia e animación para os nenos, sorteos e sorpresas, actuacións musicais, de danza…entretemento e ...

Ata un coche podedes gañar facendo as vosas compras de Nadal! O Centro Comercial Aberto Noia Histórica, estará aberto os sábados pola tarde e os domingos pola mañá. Un pouquiño máis de tempo para compra os agasallos e para gozar das actividades que vos prepararon incluída a visita de Papá Nöel que atopou un oco ...

A época do ano perfecta para dar cor e luz ás rúas, nas casas e establecementos comerciais, así que o Concello de Muros convoca o concurso “Acendendo o Nadal” con este fin. Haberá premios aos tres mellores en cada categoría: Escaparate de establecemento, exterior de establecemento, exterior de vivenda particular e por último a categoría ...

O público de Noia xa está a gozar dos curtos seleccionados na XVI Mostra de Curtas e que se proxectarán ata o sábado 19 no Teatro Coliseo Noela. Desde A Ría da Estrela recomendámosvolo e mostrámosvos a continuación os títulos seleccionados en cada categoría. Curtas galegas amateur • Ladróns de soños • La decisión • ...

Desde A Ría da Estrela contámosvos unha moi boa iniciativa que organiza o Concello de Lousame. Un curso gratuíto para que os veciños e veciñas aprendan a comercializar os produtos que poden producir nas súas casas. Un curso que comezará a impartirse neste mes de decembro e que está aberto a toda a veciñanza, se ...

Este domingo 13 de decembro celebrouse no Concello de Porto do Son a cuarta edición da Carreira Popular Sin Son 10K coa presenza entre os corredores de destacados fondistas e mediofondistas. O pistoletazo de saída foi ás 10 e media da mañá en Portosín e os numerosos participantes (1.800 na proba reina), realizaron un percorrido ...

Un certame audiovisual de referencia na comarca e dos máis importantes de Galicia que volve bater o seu récord de participación con 853 cintas das que xa se está ocupando o comité de selección. Podemos dicir que estamos ante unha mostra internacional con traballos procedentes de Francia, Reino Unido, Alemaña, Irán, Malaisia, Brasil, Exipto…entre outros ...

Cuenta atrás para el inicio del concurso gastronómico VAI DE TAPAS en Noia. La cuarta edición de un certamen que comienza este viernes, 11 de diciembre, y continuará el sábado y domingo en los establecimientos participantes que ofrecerán tapas exquisitas con el berberecho como protagonista principal.

Con el concierto de Alba-María, el Mercadiño Solidario y la representación de Go On de Malasombra dan comienzo la programación de Navidades en Muros. Esperemos que lo disfrutéis, os seguiremos informando.

Compartimos con vosotros a continuación, una información fantástica sobre las Rutas de Senderismo en Porto do Son que el Real Club Náutico de Portosín ha publicado en las redes: La ubicación de nuestro Club hace posible su uso como punto de encuentro para todos aquellos que os gusta disfrutar del mar pero también de la ...

“Crean unha técnica que permite ver imaxes ocultas dos petroglifos”. Este é o titular da noticia que vos ensinamos a continuación publicada en La Voz de Galicia e que nos parece admirable… En “A Ría dá Estrela” contamos cun bo número de petróglifos, así que este descubrimento é unha moi boa noticia. Convidámosvos a descubrilo. ...

Unha estrela de mar, cun contorno dotado de entrantes e saíntes que quere lembrar o variado contorno costeiro, e na que cada un dos cinco concellos (Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son) está representado como unha das cinco patas, e que evoca aspectos do Camiño (como a relación coa vía láctea), será a ...

Os restauradores do balandro, o máis antigo veleiro de Galicia, convocaron a un encontro a representantes de Mar de Muros, Ostreira de Abelleira, Terra de Outes, Centro Náutico outiense, Marea de Porto do Son, Canle de Lira, Mar de Noia e Club Náutico de Portosín. A primeira medida será agruparse para realizar actividades conxuntas e ...

Os medios de comunicación fixéronse eco da presentación da nosa iniciativa. Destacan a actuación en conxunto e a organización centrada en experiencias capaces de seducir aos visitantes. Comezamos un longo camiño que esperamos dea os froitos desexados. Via: La Voz de Galicia

Miles de persoas da nosa ría desprazáronse o 29 de setembro a San Ourente para vivir a devoción por San Campio. O resultado final foi unha gran festa con degustacións de polbo e churrasco, ademais dos callos e cordeiro asado preparados nos bares da localidade. Via: El Correo Gallego

Co obxectivo cada vez máis preto, optouse por axuntar todos os esforzos nun novo colectivo, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ría de Muros-Noia, que nace coa finalidade de dar o impulso definitivo ao proxecto para que a ruta sexa oficial. Via: La Voz de Galicia

O 11 de novembro terá lugar na parroquia de Lesende e en Fruíme (Lousame) a celebración do San Martiño, festividade relixiosa coa que finaliza a enorme listaxe de máis de 100 celebracións a repartir entre os nosos 5 concellos. En 2016 propoñémonos proporcionar unha información efectiva e actualizada das máis destacadas.

Dende que Rianxo recibiu esa distinción en 2007, ningunha outra localidade alcanzara esa cualificación que permite unha maior visibilidade turística e maior facilidade para a promoción. En posteriores exercicios, tamén as nosas localidades de Noia e Porto do Son poñerán en marcha os expedientes correspondentes.

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com