Andaina popular en Portosín

Que ninguén quede en casa! Se brilla o sol, gozar del. E se chove…non pasa nada! Non deixemos que unhas pingas (as pingas de choiva adoitan ser habituais compañeiras de viaxe para os galegos), impidan que gocemos do aire libre, da paisaxe, dos amigos e dos grandes beneficios que ten para o noso corpo e para a nosa mente o camiñar.
Así que este domingo ás 9.30 da mañá imos a Portosín a participar na ANDAINA POPULAR. Gratuíta, con avituallamiento, non necesita inscrición previa, con saída desde zona portuaria (parque infantil). Onde? En Portosín! Un paseo, camiñada, andaina, ruta…o que prefirades, de 18 quilómetros aproximadamente.
Desde A Ría da Estrela, recomendámosvolo. Imos alá!

A Ría da Estrela © Tódolos dereitos reservados 2015 | turismo@ariadaestrela.com